loading

Rede
Menela

A Fundación Menela é unha recoñecida entidade de iniciativa social, sen ánimo de lucro e declarada como benéfico-asistencial e de interese galego, que atende ás necesidades das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e as súas familias desde os primeiros anos de vida ata a idade adulta.

40
anos de experiencia

Desde 1976, o nome de Menela está asociado á profesionalidade e á entrega dos seus equipos ao cumprimento da súa misión en todas aquelas actividades que emprende ou nas que toma parte.

70
profesionais

As persoas que forman os seus equipos profesionais están altamente cualificados e contan cos recursos técnicos que precisan para levar a cabo o seu labor. O coñecemento acumulado en todos estes anos é unha garantía do mellor servizo.

20
programas de apoio

A Rede Menela proporciona ás familias dos seus usuarios unha gran variedade de programas de apoio e unha ampla tipoloxía de servizos, que lles permite adaptarse mellor as súas necesidades e demandas.

  • zxcv

    qwer Centro castro Navas